Visita do alumnado de 1º de ESO do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa

Os días 12, 13 e 14 de febreiro o alumnado de 1º de ESO do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa visitou a EDAR e a ETAP do municipio, xestionadas por Espina & Delfín.

O xefe de servizo de Vilagarcía de Arousa, Ismael Pérez, recibiu aos estudantes e aos profesores e explicoulles in situ o proceso completo de potabilización polo que pasa a auga dende a súa captación ata que chega á billa do consumidor. Posteriormente, ensinoulles o proceso de depuración onde unha vez utilizada a auga polos usuarios chega á EDAR para ser depurada e poder regresar ao seu medio natural.