O xoves 28 de maio está programado un corte no subministro de auga en Esteiro, Muros, dende as 9:00 ata as 12:00.
Esta interrupción temporal do subministro débese á necesidade de cruzar un colector de pluviais por parte da empresa Nemesio Ordóñez, S.A. nas obras de “Acondicionamento de rúas na Ribeira do Maio, Esteiro” e que obriga ao cambio da traza da rede xeral de abastecemento existente de PVC-125.
Afectará a Ribeira do Maio (dende a ponte de Esteiro ata a subida ao Maio DP-5305 pola marxe esquerda da AC-550 dirección Noia) e a zona de Areal / Ribeira do Maio (zona posterior ao Centro de Saúde de Esteiro).
Desculpen as molestias.