Corte de auga programado para a madrugada do 6 de xuño

Corte de auga programado para a madrugada do martes, 6 de xuño, para levar a cabo tarefas de mantemento na rede xeral de distribución.

Estas consistirán na instalación dunha válvula automática de control hidráulico e dun contador de distribución. Para iso realizarase un corte no subministro de auga en horario nocturno, desde as 23:00 horas do 5 de xuño ata as 06:00 horas do 6 de xuño.

As zonas afectadas polo corte serán os edificios da Avenida Rodrigo Mendoza (nº pares, do 2 ao 30, aproximadamente) e os edificios da Avenida Doutor Tourón (nº pares, do 22 ao 30, aproximadamente). Tamén se poden ver alteradas as condicións habituais do servizo, cunha caída de presión ou ausencia de caudal, nos pisos altos do centro e noutras zonas altas de municipio como Cornazo, As Pistas, Faxilde, Sobrán, etc.