Corte de auga programado para o 12/07/2023

Corte de auga programado por traballos de mellora e mantemento da rede xeral de distribución de Vilagarcía de Arousa ao seu paso pola Avenida das Carolinas.

Os traballos realizaranse en horario nocturno, desde a noite do mércores, 12 de xullo, ata a madrugada do xoves.

As zonas que se verán afectadas polo corte de auga son: o centro de Vilagarcía, Avda. das Carolinas, Avda. Xoan Carlos I, Rubiáns, Cornazo, Avda. de Cambados e Doutor Tourón.

Desculpen as molestias.