AVISO: Corte de subministro programado por tarefas de mellora na rede

En horario nocturno, desde as 23:00 horas do mércores 19 de outubro ata as 06:00 horas do xoves 20 de outubro, realizarase un corte de subministro debido a tarefas de mellora na rede xeral de distribución.

As zonas afectadas son:

  • López Ballesteros (números impares do 1 ao 9 e números pares do 32 ao 46)
  • Rúa Ramón Piñeiro López
  • Rúa Santa Lucía
  • Rua Leiras

Os pisos altos do centro de Vilagarcía de Arousa e da zona de Os Duráns tamén poden ver alterada a presión e o caudal.