Cobro recibos – 4º trimestre 2021

Aberto o prazo de cobro dos recibos de auga, saneamento, depuración e canon correspondentes ao cuarto trimestre (outubro, novembro e decembro) de 2021.

O pago poderase realizar nas nosas oficinas de Avda. Compostela, 31 baixo, en horario de 09:00 a 13:30 horas. O prazo voluntario de pago finalizará o 5 de abril de 2022.

Para a súa comodidade pode domiciliar os seus pagos en calquera entidade bancaria. Para iso terá que presentar nas nosas oficinas o correspondente número de conta e firmar a orde de domiciliación.