Cobro recibos – 4º trimestre de 2022

Aberto o prazo de cobro dos recibos correspondentes ao 4º trimestre (outubro, novembro e decembro) de 2022.

O prazo para facer efectivo o pago finalizará o 5 de abril de 2023.

Pode realizar o pago na nosa oficina de Rúa Castelao, 12. O horario é: luns, martes, mércores e venres de 09:00 a 14:00 e xoves de 09:00 a 10:30.

Para a súa comodidade pode domiciliar os seus pagos en calquera entidade bancaria. Para isto, terá que presentar nas nosas oficinas o correspondente número de conta e firmar a orde de domiciliación.