Grupo de presión en Barbeita

O xoves, 29 de xullo de 2021, ás 16:30 horas, entra en funcionamento o grupo de presión de Barbeita.

A presión da rede de abastecemento incrementarase 3 kg/cm² para garantir un servizo axeitado a todas as vivendas (en particular nas zonas altas onde actualmente a presión é de tan só 1 kg/cm²).

Con carácter preventivo, antes e despois da posta en marcha do grupo de presión, o persoal de servizo de augas revisará todos os contadores dos abonados para verificar que non existen anomalías. Non obstante, a vixilancia e o mantemento das instalacións interiores de fontanería corresponde exclusivamente aos propietarios das vivendas.