Corte de auga

Debido á necesidade de realizar a conexión da nova tubaxe de subministración de auga, este mércores día 20 haberá un corte na subministración a partir das 9:00 horas, afectando a Sombreu, Ponte do Porco e centro urbano.

Neste último poderá haber auga pero con pouca presión en zonas con cota inferior ás rúas Raxel, Carreira e Barrosa.

A duración estimada do corte é de 15 horas, aínda que segundo vaia sendo posible iranse abrindo as chaves de paso de diferentes áreas para restablecer o servizo.

Rogamos desculpen as molestias.