O servizo de subministro de auga potable está restablecido

ÚLTIMA HORA

O servizo de subministro de auga potable está restablecido no Concello de Curtis. Os datos da última analítica, con mostras recollidas na mañá do luns, son favorables e a auga da billa xa é considerada apta para o consumo humano.

Na tarde deste mércores o telecontrol da estación de tratamento de auga potable de A Ratona, en Curtis (A Coruña), detectou unha baixada repentina dos valores de cloro libre residual nos depósitos de cabeceira. Como consecuencia, procedeuse a paralizar a ETAP mentres se sometían a análises en laboratorio mostras anteriores e posteriores á captación, así como auga da saída dos depósitos.

Comprobada a elevada presenza de amonio na auga, algo indicativo dun vertido de xurros no río, os depósitos foron pechados para a súa limpeza e a rede foi baleirada para evitar o consumo. Continuarase analizando a auga do río de maneira constante ata que se rexistren valores compatibles coa potabilización.

A partir do xoves e ata novo aviso, subministrarase auga non potable, e por tanto, non apta para o consumo humano, debido á previsión de que as condicións do río, por consecuencia do vertido producido, non mellorarán a curto prazo e coa advertencia de próximas chuvias que poden empeorar as condicións actuais.

A excepción da potabilidade da auga  subministrada ao Polígono Industrial de Teixeiro é debida a que se abastece dunha rede independente, que colle a auga do río Mandeo que non se veo afectado polo vertido e potabilízase na ETAP  situada no propio Polígono Industrial.

Mentres dure esta situación cisternas de auga potable darán servizo aos núcleos de Curtis e Teixeiro.

Seis camións cisterna xa están dando servizo.

En Teixeiro encóntranse en:

  • Praza España (sita diante da Casa do Concello)
  • CEIO de Teixeiro e Galiña Azul
  • Praza da Estación

En Curtis atópanse en:

  • Praza Compostela
  • Colexio de Curtis
  • Campo da Feira

Todos os veciños que o necesiten poden acudir con recipientes a recoller auga.