25 Mai Espina & Delfín reabre a súa oficina do servizo de auga de Carnota
Espina & Delfín reabre a súa oficina do servizo municipal de auga para atender aos usuarios de forma presencial. Os espazos adaptáronse á nova realidade provocada polo covid-19 para que non haxa contacto entre as persoas.
A primeira medida que se adoptou é a colocación de biombos de cristal nos postos de traballo e a instalación de dispensadores de xel hidroalcohólico nas oficinas. Ademais, limitarase o aforo, reforzarase a limpeza e intensificaranse as renovacións de aire.
A apertura realízase baixo estritas medidas de prevención de riscos laborais para garantir e protexer a saúde de traballadores e usuarios.
Por outra parte, as vías telefónicas e telemáticas de atención á cidadanía que se reforzaron durante o confinamento seguen operativas. Os usuarios poden contactar cos servizos de auga chamando ao 900 815 015 ou ben a través dos teléfonos e correos electrónica correspondentes, que poden ser consultados no apartado da páxina web “Servizos Municipais de Auga”. Tamén está operativa a oficina virtural, onde se poden facer os trámites e consultar a factura.