Corte de subministro de auga por obras de mellora na rede

O próximo luns, 9 de abril, a partir das 09.00 horas suspenderase o subministro de auga na Avenida de Laza desde o nº 174 debido á execución de obras de mellora na rede de abastecemento local.

Intentarase restablecer o servizo no menor tempo posible ao longo da tarde.

Desculpen as molestias.