¿Sabes canto contamina unha soa cabicha?

Sabías que… Unha sola cabicha pode contaminar ata 50 litros de auga doce?

En España consúmense case 90 millóns de cigarros ao día, o que representa máis de 32.800 millóns de desfeitos de filtros ao ano. Estes residuos tardan unha década en degradarse e un 15 % deles terminan nas praias e, como consecuencia, no mar.

O Informe do Comité Nacional para a Prevención do Tabaquismo explica que no filtro é a parte onde se acumula a gran parte dos compoñentes nocivos do tabaco. Ademais estes compoñentes libéranse en contacto coa auga.

¿Que compoñentes perigosos ten o tabaco? Algúns deles son o arsénico, o polonio, o metanol, os disolventes, a acetona, o amoníaco ou a naftalina. En concreto os filtros conteñen substancias como cadmio, arsénico, alquitrán ou tolueno que contamina a auga e envenenan a flora e a fauna.

Por todo isto, unha sola cabicha pode contaminar entre oito e dez litros de auga salgada e ata cincuenta de auga doce.