Política de Xestión
O modelo de negocio de ESPINA & DELFÍN, S.L. está fundamentado na construción de obras hidráulicas e na xestión do ciclo integral da auga, é dicir, a captación, o transporte, a potabilización e a distribución de auga potable, así como a recollida, a depuración de auga residual, a reutilización e, finalmente, a súa devolución ao medio natural co mínimo impacto ambiental.
A Dirección é consciente de que as actividades que a organización leva a cabo son esenciais para a sociedade e o medio ambiente, polo que considera prioritario garantir que estas se desenvovlan coa maior calidade, seguridade, eficacia e eficiencia. Por iso, implantou un sistema de xestión integrado de prevención de riscos laborais (prevención de danos e deterioro da saúde dos traballadores), calidade, medio ambiente, seguridade alimentaria e enerxía que dé soporte e axude a lograr unha mellora continua, baseándose nestes principios de actuación:
- A nosa filosofía é facer compatible a protección do medio ambiente coa eficacia do negocio, esforzándonos en previr a contaminación e minimizando o impacto ambiental asociado ás nosas actividades, promovendo en todo momento un uso racional dos recursos e a mellora da nosa xestión enerxética. (a mellora da eficiencia enerxética no desempeño do noso labor).
- Tomando como punto de partida o estrito cumprimento da lexislación vixente, Espina & Delfín, S.L. persegue a satisfacción dos requisitos dos seus clientes, garantindo a máxima calidade e seguridade dos nosos produtos, así como de calquera outro requisito relacionado coa prevención de riscos laborais, a calidade, o medio ambiente, a seguridad alimentaria e a energía que suscriba a organización.
- O seguimento e control dos procesos e actividades en base a indicadores, obtendo información cuantificable que contribúa a poñer en marcha actuacións que melloren os nosos produtos, servizos e procesos de xestión.
- Preténdese camiñar cara á calidade total a través da implicación de todo o persoal, debendo ser un obxectivo de calquera persoa “a norma de facer as cousas ben á primeira”, independentemente da tarefa que se realice, e tratando de que a calidade non se controle, senón que se xere, converténdose nun hábito. O sistema debe traballar sobre a prevención dos defectos máis que sobre a súa corrección, poñendo especial interese en manter controlados os procesos, de forma que poidan reducirse paulatinamente os controis finais dos produtos e servizos.
- Compromiso de prevención de danos e de deterioro da saúde dos traballadores.
- Incorporación de criterios enerxéticos na adquisición de produtos, equipos e servizos, co fin de mellorar a eficiencia enerxética da organización.
- Asegurar a dispoñibilidade da información e de todos os recursos necesarios e posibles para a consecución dos obxectivos de mellora fixados.
- Establecer as comunicacións necesarias, tanto interna como externamente, para asegurar a dispoñibilidade por parte de todos os implicados da información relativa á calidade e á inocuidade do produto e ao compromiso ambiental, enerxético e de seguridade e saúde laboral da organización.
Esta política é o marco de referencia para establecer e revisar os obxectivos do sistema de xestión, sendo revisada anualmente para a súa continua adecuación.
Política do Laboratorio
A política de calidade da Dirección do laboratorio é cumprir a súa misión con idoneidade, aplicando boas prácticas profesionais (responsabilidade, transparencia, confidencialidade, imparcialidade) para garantir a calidade dos ensaios solicitados polo cliente:
-
- Asegurando o compromiso de todo o persoal do laboratorio incluído no alcance de acreditación, co cumprimento das políticas e procedementos establecidos para garantir que o sistema de xestión sexa entendido, implementado e mantido.
- Garantindo a satisfacción dos requisitos do cliente, tanto legais como regulamentarios, coa correcta execución dos ensaios que se desenvolven no laboratorio.
- Mantendo e mellorando continuamente o sistema de xestión de calidade aplicable aos ensaios realizados no laboratorio e en cumprimento da norma UNE-EN ISO/IEC 17025.
A Dirección da empresa asume a responsabilidade de motivar e formar aos seus empregados no coñecemento e cumprimento desta política, proporcionándolles a formación e os medios necesarios para o desempeño das súas funcións.
Aso. Amador Mosquera Liste
Director Xerente