22 Xan Os usuarios de Espina & Delfín poden pagar as facturas da auga nas oficinas de Correos
Correos e Espina & Delfín firmaron un convenio de colaboración polo que se facilitará á cidadanía o pago das facturas da auga a través do xiro postal. Este novo servizo entrará en funcionamento a partir do 1 de febreiro.
A través deste convenio, Correos poñerá a disposición de Espina & Delfín a súa rede de oficinas, nas que presta aos cidadáns, entre outros, os servizos de xiro postal. Así, amplíanse as fórmulas de pago que, ata a fecha, Espina & Delfín ofrecía aos seus abonados.
Aquí podes consultar o listado de concellos que se benefician deste acordo.
*Excepto o Concello de Ames