09 Nov O persoal de Espina & Delfín realiza unha nova entrega de tapóns para a campaña “Tu ayuda = mi ilusión”
Dende fai dez anos, o persoal de Espina & Delfín colabora coa iniciativa “Tu ayuda = mi ilusión” que ten como obxectivo apoiar á familia Rey Mourelle no tratamento de Matías, un neno que padece parálise cerebral, epilepsia e cardiopatía aórtica, entre outras doenzas. O seu desenvolvemento cognitivo non se corresponde ao dun neno da súa idade e necesita de numerosos tratamentos e coidados para mellorar a súa calidade de vida.
A familia Rey Mourelle iniciou fai anos unha campaña de recollida de tapóns para poder costear as operacións e terapias que recibe Matías. Grazas a esas intervencións, conseguiu poñerse en pé e camiñar aos oito anos. Matías recibe nunha clínica de Guadalajara un tratamento de neurorrehabilitación intensiva para mellorar a súa elasticidade e movementos muscular. A plantilla de Espina & Delfín recolle tapóns para contribuír ao financiamento desta terapia.