16 Xul O papel das EDAR como sistemas de alerta da covid-19
Augas de Galicia, as universidades de Santiago e Vigo, Espina & Delfín e outras empresas firmaron un convenio para estudar o papel das Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) como barreiras para a transmisión da covid-19.
Algúns estudos xa demostraron que o material xenético do SARS-CoV-2 pode ser detectado nas augas residuais unha semana antes do ingreso de pacientes con síntomas nos hospitais.
A Universidade de Santiago de Compostela aclara a metodoloxía desta investigación e o seu obxectivo: converter as EDAR en ferramentas de alerta temperá sobre a aparición de brotes de covid-19.
Na EDAR de Paxariñas, en Sanxenxo, estanse recollendo mostras en distintas partes da estación depuradora, tanto no lodo biolóxico como no efluente. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade explica que a toma de mostras ocuparase, principalmente, do estado da auga e os posibles rastros de carga de coronavirus no punto de vertido ao dominio público hidráulico.