O enxeñeiro Fernando Vieites é o novo director Comercial e de Enxeñería de Espina & Delfín

Fernando Vieites Pérez-Quintela foi nomeado novo director Comercial e de Enxeñería de Espina & Delfín. A empresa compostelá continua así coa súa aposta por profesionais da casa.

Fernando Vieites é Enxeñeiro Industrial e incorporouse a Espina & Delfín en 1991. Dende o ano 2012 era o responsable da delegación de Latinoamérica. Establecido en Bogotá dedicábase ao desenvolvemento do negocio en Colombia.

Tras esta etapa, regresa a Galicia para acceder á dirección Comercial e de Enxeñería tras a xubilación do anterior director, Gaspar García-Toriello Romero. Dende a sede compostelá de Espina & Delfín seguirá impulsando o desenvolvemento internacional do grupo.