O Concello de Allariz e Espina & Delfín poñen en marcha a campaña “Botar toalliñas ao WC pagámolo todos”

  • Allariz gasta 59.500 euros ao ano en avarías producidas polo uso inadecuado das toalliñas
  • Os usuarios de Espina & Delgín reciben nas súas casas información sobre o custo real de tirar lixo polo inodoro

O Concello de Allariz e Espina & Delfín poñen en marcha unha nova campaña para conciencia á poboación do custo de tirar lixo polo inodoro. Allariz gasta 59.500 euros ao ano en avarías producidas polo uso inadecuado das toalliñas, en traballos de desatascos na rede de saneamento, en bombeos e en labores de limpeza das depuradoras.

Baixo o lema “Botar toalliñas ao WC pagámolo todos; non tires os cartos” preséntase esta campaña de sensibilización. Distribúese cos recibos do servizo de auga de Allariz para que chegue a todos os usuarios. No recibo inclúese o lema, o custo real de tirar toalliñas ao baño, unha listas cos obxectos que danan a rede e todas as avarías que se producen a consecuencia de botar lixo polo inodoro.

O principal obxectivo desta campaña é concienciar á cidadanía de que as toalliñas non son biodegradables, ao contrario que o papel hixiénico. Este último desintégrase na auga case por completo (95 %). O uso inadecuado que se fai da rede de sumidoiros das vivendas coa eliminación a través do inodoro das toalliñas acaba formando atascos na rede de saneamento e, por tanto, pon en perigo o seu correcto funcionamento.

Non so as toalliñas son prexudiciais para a rede de saneamento de auga. Tamén o son os biocidas, fitosanitarios, aceites, graxas, fármacos, cosméticos, cueiros, tampóns, bastoncillos para os oídos e, en xeral, calquera residuos que se tire polo baño e non so contedor axeitado.

Botar lixo ao inodoro provoca atascos na rede, rotura de colectores e deficiencia na depuración da auga, entre outros problemas. É necesaria unha conciencia ecolóxica e ter presente que as accións individuais tamén axudan. Non alimentar ao monstro das toalliñas suporía para o concello de Allariz un aforro de 59.500 euros que se poderían inverter na mellora de múltiples servizos.

 



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies