A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo unha reunión cos directivos de Espina & Delfín e coñeceu a sede do grupo, en Santiago de Compostela.
Óscar Rodríguez, conselleiro delegado de Espina & Delfín, relatoulle á portavoz do BNG a historia da empresa e como a innovación e o talento das persoas foron claves para o crecemento do grupo.
Os membros do partido nacionalista coñeceron de primeira man o traballo que a empresa compostelá realiza en Galicia, Asturias, Castela e León, Portugal, Senegal, Colombia e Haití.
A visita finalizou cun percorrido pola sede, que conta cunhas instalacións de 9.500 m². Nela aséntase a base da estrutura humana e técnica do grupo e desde alí dáse soporte aos servizos e obras que xestionan. Destacan os departamentos de Enxeñería e I+D+i, os talleres de fabricación e reparación de equipos, o laboratorio acreditado de análise de augas e o parque de maquinaria e móbil.
No departamento de enxeñería a portavoz nacional do BNG puido probar unhas lentes de realidade virtual da nova depuradora do aeroporto de Santiago, que Espina & Delfín constrúe para AENA, e que permiten percorrer as instalacións e mesmo tomar medidas da infraestrutura.
