O conselleiro de Emprego visita Espina & Delfín

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou este martes a sede de Espina & Delfín, en Santiago de Compostela.

Durante a xornada, o conselleiro e a directora xeral coñeceron as instalacións da empresa. Desde os talleres electromecánicos e de caldeiraría ata o noso laboratorio acreditado por ENAC. Tamén puideron coñecer o noso departamento de enxeñería e a nosa frota de vehículos.

Espina & Delfín é beneficiaria do programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. O conselleiro de Emprego destacou o papel referente da compañía -cun equipo humano que rolda as 400 persoas- e salientou a importancia de que a Administración pública e o tecido empresarial avancen da man para abordar solucións conxuntas a prol da cobertura das vacantes laborais, a atracción de talento ou a mellora da empregabilidade.