O vicepresidente do Consello da Cámara de Comercio polaco-española, Miroslaw Weglarczyk, e a directora xeral da Cámara de Comercio polaco-española, Zuzanna Gołębiewska, visitaron a sede de Espina & Delfín en Santiago de Compostela.
Este encontro celebrouse no marco dun seminario sobre inversión en Polonia e Ucrania que a Confederación de Empresarios de Galicia organizou na capital galega.





Durante a visita a Espina & Delfín, os representantes da Cámara de Comercio coñeceron de primeira man a labor que a empresa compostelá realiza en Galicia, Asturias, Castilla y León, Portugal, Senegal, Angola, Colombia e Haití. Tamén recorreron os departamentos de enxeñería, o laboratorio especializado en auga e o taller electromecánico e de caldeiraría.
Esta última instalación impresionou aos visitantes ao tratarse dun taller no que se fabrican todas as pezas das infraestruturas que forman parte do ciclo integral da auga. Este taller dota á empresa de total autonomía e garante unha resposta rápida, eficaz e económica.