Espina & Delfín e o Concello de Sanxenxo organizan unha limpeza no río Pintillón este sábado

Espina & Delfín e o Concello de Sanxenxo organizan este sábado, 8 de xuño, unha xornada voluntaria de limpeza no río Pintillón (Dorrón), entre as 10:00 e as 13:00 horas. O obxectivo desta actividade é recoller os residuos que se poidan atopar e retirar unha planta clasificada como especie exótica invasora, a Tradescantia fluminensis.

As persoas voluntarias que estean interesadas en participar poden anotarse na oficina de medio ambiente do Concello de Sanxenxo, a través do teléfono 986 744 909 ou o email medioambiente@sanxenxo.org.

Durante o percorrido as persoas voluntarias estarán acompañadas de dous naturalistas que axudarán a identificar a planta invasora para poder retirala. Os organizadores proporcionarán todo o material necesario para a limpeza. Recoméndase levar roupa adecuada.

Esta acción está englobada nas actividades ambientais que Espina & Delfín levará a cabo no Concello de Sanxenxo, recollidas no contrato do servizo municipal da auga. A primeira acción foi o concurso de debuxo onde se escolleu á mascota da auga.