Espina & Delfín e o IES As Fontiñas alíanse para potenciar a formación do alumnado de Obra Civil

A empresa e o instituto firman un convenio de colaboración para que os estudantes de FP dual poidan adquirir experiencia

Espina & Delfín, representada polo seu director xeral, Alejandro Amoedo, e o IES AS Fontiñas, representado polo seu director, José Antonio Sumay, firmaron un convenio de colaboración para formar ao alumnado da rama de Obra Civil e Edificación. O principal obxectivo deste acordo é que os estudantes de FP dual poidan adquirir experiencia.

Espina & Delfín comprométese a ofrecer prácticas remuneradas para os estudantes do ciclo superior de Proxectos de Obra Civil na modalidade de FP dual de segundo ciclo. Ademais, a empresa compostelá tamén se compromete a difundir e promover a oferta educativa deste ciclo superior.

Este acordo de colaboración terá unha duración inicial de catro anos. “Para Espina & Delfín é primordial fomentar a incorporación de novos talentos galegos. Por iso, puxemos en marcha o Programa Delfíns 23-24. Dentro das iniciativas do programa ofertamos estas prácticas nas que os bolseiros contarán coa orientación e o apoio dun titor con experiencia e recibirán formación tanto técnica como en habilidades persoais”, explicou Alejandro Amoedo, director xeral de Espina & Delfín.

Pola súa parte, o director do IES As Fontiñas, José Antonio Sumay, resaltou: “Sempre foron obxectivos prioritarios do IES As Fontiñas atraer talento dos máis novos e proveer da mellor formación posible no sector da Edificación e da Obra Civil; neste sentido creemos que este convenio vai ser importante, xa que establece sinerxías entre o sector educativo e empresarial que serán enriquecedoras para ambas partes. O noso alumnado poderá beneficiarse de facer prácticas nunha empresa como Espina & Delfín coa que compartimos valores comúns, o compromiso coa formación e o arraigo en Santiago de Compostela e a súa comarca”.