Espina & Delfín logra 7 millóns de euros do PERTE para a dixitalización do ciclo da auga en Galicia

Nove concellos galegos, Cartelle, Cerceda, Coirós, Leiro, Negreira, Palas de Rei, Sarria, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, beneficiaranse do proxecto

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) outorgou a Espina & Delfín unha axuda de 7 millóns de euros para o seu proxecto de dixitalización do ciclo urbano da auga, presentado á primeira convocatoria do PERTE de Dixitalización da auga.

Espina & Delfín é a única empresa que conseguiu en solitario fondos para Galicia. Nove concellos galegos, Cartelle, Cerceda, Coirós, Leiro, Negreira, Palas de Rei, Sarria, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, con 80.000 habitantes en total, beneficiaranse da subvención e da dixitalización do ciclo integral da auga nos seus municipios.

Esta axuda será parte dun investimento de máis de 10 millóns de euros que Espina & Delfín destinará a un proxecto de dixitalización que contempla un total de 20 actuacións. Entre as que se atopan: telelectura de contadores de abonados, instalación de caudalímetros, analizadores de parámetros fisicoquímicos, sectorizaciones de redes, sistemas de información xeográfica (SIG) e intelixencia artificial (IA) para control de explotación e calidade, modelización de redes e xemelgos dixitais etc. A proposta inclúe tamén o emprego de novas plataformas de acceso á información para compartir datos coas Administracións e os usuarios finais e así maximizar a transparencia.

O MITECO concedeu axudas por un importe total de 200 millóns de euros para a mellora da dixitalización do ciclo da auga. Seleccionou 30 proxectos cunhas axudas que oscilan entre os 3,3 e os 7,9 millóns de euros por proxecto.