02 Mar Nove concellos galegos poderán beneficiarse do proxecto de dixitalización que Espina & Delfín presenta ao PERTE do ciclo urbano da auga
- O plan céntrase na automatización e dixitalización do ciclo da auga en Cartelle, Cerceda, Coirós, Leiro, Negreira, Palas de Rei, Sarria, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa
- O orzamento ascende a 12 millóns de euros e comprende un total de 20 actuacións
A empresa galega Espina & Delfín presentou o seu proxecto de dixitalización do ciclo urbano da auga á primeira convocatoria de subvencións no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PERTE). Comprende un total de vinte actuacións, cun orzamento de 12 millóns de euros e poderían beneficiarse nove concellos galegos.
Este ambicioso proxecto pretende implementar a última tecnoloxía relacionada coa dixitalción do ciclo da auga en concellos de tamaño pequeno e medio, cunha poboación conxunta de máis de 80.000 habitantes. Os municipios escollidos son Cartelle, Cerceda, Coirós, Leiro, Negreira, Palas de Rei, Sarria, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa, sendo este último o concello tractor.
Trátase dun total de vinte actuacións que se levarán a cabo nun prazo máximo de tres anos: telelectura de contadores de abonados, instalación de caudalímetros, analizadores de parámetros fisioquímicos, sectorizaciones de redes, sistemas de información xeográfica (SIG) e intelixencia artificial (IA) para control de explotación e calidade, modelización de redes, xemelos dixitais, etc.
A proposta inclúe tamén o emprego de novidosas plataformas de acceso á información para compartir datos coas administracións e os usuarios finais e así maximizar a transparencia.
Con estas innovadoras medidas Espina & Delfín mellorará o estado das masas de auga gracias á diminución das perdas durante o seu transporte e distribución e á maior calidade da auga vertida, axudará a mitigar as consecuencias do cambio climático e involucrarase no reto demográfico e o despoboamento mellorando as condicións de vida nos entorno rurais e dos colectivos vulnerables.
Ademais, Espina & Delfín acumulará experiencia que posteriormente aproveitará nos cincuenta concellos de Galicia que xestiona, o 15 % da poboación galega.
O orzamento do proxecto alcanza os 12 millóns de euros e estaría cofinanciado pola empresa, que aportaría aproximadamente un 30 % de dito importe. A inversión media por municipio é de 1,3 millóns de euros. Grazas a este PERTE, Espina & Delfín poderá levar a cabo unha dixitalización total en concellos que, doutra forma, non poderían acceder a esta tecnoloxía.