19 Xuñ O Concello de Santiago adxudica a Espina & Delfín o mantemento das instalacións municipais
Espina & Delfín asumirá o contrato de conservación, reparación e pequenas reformas de diversos edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago de Compostela. A xunta de goberno deu luz verde á adxudicación correspondente para os próximos dous anos e cuxo importe ascende a 1.420.172 euros.
O contrato contempla actuacións en centros educativos (800.000 euros), en inmobles administrativos (400.000 euros), instalacións deportivas (400.000 euros) e en centros socioculturais (64.000 euros).