Espina & Delfín fomenta o consumo responsable de auga

A campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca” ten como obxectivo concienciar aos veciños e anticiparse ás situacións de seca

Espina & Delfín fomenta o consumo responsable de auga coa campaña Está na túa man, pecha a billa cando toca. Esta iniciativa realízase en colaboración cos concellos nos que a compañía é a concesionaria do servizo de auga. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos naturais.

Esta mensaxe de sensibilización difundirase a través de carteis informativos que se colocarán nos edificios municipais, nas instalacións do servizo municipal de auga e nas redes sociais e páxinas web da empresa e dos concellos.

A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para os meses de xullo e agosto teñen un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Para poder manter as reservas hídricas durante o período vacacional é imprescindible realizar un consumo eficiente da auga potable.

Co obxectivo de facer un consumo responsable da auga, esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga, como pechar a billa mentres cepillamos os dentes, ducharse en lugar de darse un baño, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas.

Tamén hai que ter precaución con actividades típicas desta época e, por exemplo, reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns. Ademais, un bo consello para as persoas que marchan uns días de vacacións é pechar a chave de paso de auga da vivenda.

Concello de Ames

Durante o 2022, no concello de Ames o consumo medio mensual foi de 190.594 metros cúbicos. Esta cifra superouse durante os seis meses centrais do ano (desde maio ata outubro) e alcanzouse o pico dun maior consumo de auga en xullo, con 233.612 m3, e en agosto, 220.915 m3.

Xullo e agosto levan sendo os meses de maior consumo de auga potable nos últimos tres anos.

Xullo 2020 225.711 m3
Agosto 2020 231.513 m3
Xullo 2021 212.400 m3
Agosto 2021 211.157 m3
Xullo 2022 233.612 m3
Agosto 2022 220.915 m3

Pola contra, os meses de menor consumo foron febreiro de 2020 (147.624 m3), marzo de 2021 (151.854 m3) e febreiro de 2022 (163.920 m3).

Neste primeiro semestre de 2023 o consumo medio mensual foi de 192.480 m3 e o mes con menor consumo foi febreiro, con 159.191 m3.

Concello de Sanxenxo

Durante 2022, no concello de Sanxenxo o consumo medio mensual foi de 175.050 metros cúbicos. Esta cifra superouse durante os cinco meses centrais do ano (desde maio ata setembro) e alcanzouse o pico de maior consumo de auga en agosto, con 366.275 m3, e en xullo, 340.818 m3.

Xullo y agosto levan sendo os meses de maior consumo de auga potable nos últimos tres anos.

Xullo 2020 328.969 m3
Agosto 2020 324.345 m3
Xullo 2021 311.828 m3
Agosto 2021 365.339 m3
Xullo 2022 340.818 m3
Agosto 2022 366.275 m3

Pola contra, os meses de menor consumo foron febreiro de 2021 (102.351 m3) e novembro de 2022 (73.383 m3).

Neste primeiro semestre de 2023 o consumo medio mensual foi de 149.788 m3 e o mes con menor consumo foi febreiro, con 112.591 m3.

Concello de Mondariz Balneario

Durante 2022, no concello de Mondariz Balneario o consumo medio mensual foi de 8.299 metros cúbicos. Esta cifra foi superior en xullo (18.416 m3) e en agosto (17.996 m3).

Xullo e agosto levan sendo os meses de maior consumo de auga potable nos últimos tres anos.

Xullo 2020 11.010 m3
Agosto 2020 10.605 m3
Xullo 2021 7.356 m3
Agosto 2021 8.525 m3
Xullo 2022 18.416 m3
Agosto 2022 17.996 m3

Pola contra, os meses de menor consumo foron abril de 2020 (1.873 m3), decembro de 2021 (4.397 m3) e novembro de 2022 (4.354 m3).

Neste primeiro semestre de 2023 o consumo medio mensual foi de 6.324 m3 e o mes con menor consumo foi febreiro, con 3.997 m3.

Concello de Allariz

Durante o 2022, no concello de Allariz o consumo medio mensual foi de 65.785 metros cúbicos. Esta cifra superouse durante os seis meses centrais do ano (desde maio ata outubro) e alcanzouse o pico dun maior consumo de auga en xullo, con 90.231 m3, e en agosto, 93.010 m3.

Xullo e agosto levan sendo os meses de maior consumo de auga potable nos últimos tres anos.

Xullo 2020 100.174 m3
Agosto 2020 100.194 m3
Xullo 2021 95.728 m3
Agosto 2021 107.839 m3
Xullo 2022 90.231 m3
Agosto 2022 93.010 m3

Pola contra, os meses de menor consumo foron novembro de 2020 (59.754 m3), febrerio de 2021 (55.696 m3) e febreiro de 2022 (53.511 m3).

Concello de Negreira

Durante 2022, no concello de Negreira o consumo medio mensual foi de 35.994 metros cúbicos. Esta cifra foi superior nos meses centrais do ano (desde maio ata agosto) e alcanzouse o pico dun maior consumo de auga en agosto, con 41.731 m3, e en xullo, 41.650 m3.

Xullo e agosto levan sendo os meses de maior consumo de auga potable nos últimos tres anos.

Xullo 2020 38.245 m3
Agosto 2020 41.118 m3
Xullo 2021 40.993 m3
Agosto 2021 39.890 m3
Xullo 2022 41.650 m3
Agosto 2022 41.731 m3

Pola contra, os meses de menor consumo foron abril de 2020 (27.151 m3), febreiro de 2021 (30.153 m3) e febreiro de 2022 (31.066m3).

Neste primeiro semestre de 2023 o consumo medio mensual foi de 32.295 m3 e o mes con menor consumo foi febreiro, con 28.958 m3.

Concello de Padrón

Durante o 2022, no concello de Padrón o consumo medio mensual foi de 97.715 metros cúbicos. Esta cifra superouse durante os seis meses centrais do ano (desde abril ata setembro) e alcanzouse o pico dun maior consumo de auga en xullo, con 121.140 m3, e en agosto, 113.957 m3.

Xullo e agosto levan sendo os meses de maior consumo de auga potable nos últimos tres anos.

Xullo 2020 110.771 m3
Agosto 2020 103.887 m3
Xullo 2021 105.138 m3
Agosto 2021 116.709 m3
Xullo 2022 121.140 m3
Agosto 2022 113.957 m3

Pola contra, os meses de menor consumo foron febreiro de 2020 (63.146 m3), febreiro de 2021 (70.768 m3) e decembro de 2022 (80.445 m3).

Concello de Vila de Cruces

Durante o 2022, no concello de Vila de Cruces o consumo medio mensual foi de 15.662 metros cúbicos. Esta cifra superouse nos meses de xullo e agosto. En xullo consumíronse 20.589 m3 e en agosto, 20.819 m3.

Pola contra, os meses de menor consumo foron novembro, con 12.571 m3 e decembro con 12.201 m3.