O Concello de Brión e Espina & Delfín fomentan o consumo responsable de auga

A campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca” ten como obxectivo concienciar aos veciños e anticiparse ás situacións de seca

O concello de Brión e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, fomentan o consumo responsable de auga coa campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca”. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso apropiado dos recursos naturais.

Esta mensaxe de sensibilización difundiranse a través de carteis informativos que se colocarán nos edificios municipais, nas instalacións do servizo municipal de augas, e nas redes sociais e páxinas web de ámbalas entidades.

A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para esta época estival, teñen un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Para poder manter as reservas hídricas durante o período estival é importante realizar un consumo eficiente da auga potable.

En 2022, o volume de auga consumida polos veciños do Concello de Brión foi de 298.368 m3. Isto supón unha media mensual de 24.864 m3.

En 2023 incrementouse o volume de auga consumida ata os 325.463 m3, o que tamén aumentou a media mensual a 27.122 m3. Si nos centramos no consumo de este último ano vemos que o seu valor máximo é na tempada estival. O consumo no mes de agosto foi de 29.500 m3 e, polo contrario, o mes de menor consumo foi xaneiro con 24.000 m3. Isto supón que durante o mes de agosto, consumiuse un 19 % máis.

Co obxectivo de facer un consumo responsable da auga, esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga como cerrar a billa mentres nos cepillamos los dentes, ducharse en lugar de bañarse, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o  lavalouzas con cargas completas.

Tamén hai que ter precaución coas actividades típicas desta época e, por exemplo, reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns. Ademais, un bo consello para as persoas que se marchan uns días de vacacións é pechar a chave de paso de auga da vivenda.

Fíxose un estudo das variacións de presión ao longo do día e observouse que a maior caída de presión por consumo de auga prodúcese entre as 20:00 e as 22:30 horas, polo que sería convinte desprazar o máis que se poida o uso da auga a horas que non sexan punta de consumo, xa que de non ser así os subministros situados na zona alta da rede veríanse máis prexudicados.