Espina & Delfín colabora cos campamentos de verán de Cáritas e do grupo Scout Chan 292

Espina & Delfín continua continúa coa súa colaboración anual con Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela para controlar a auga do albergue xuvenil de Arnela, en Porto do Son, onde a entidade organiza as colonias de verán. Este ano tamén colabora co campamento do grupo Scout Chan 292.

A empresa compostelá realiza unha analítica completa e revisa a potabilidade da auga das instalacións dos campamentos. O laboratorio de Espina & Delfín está especializado na realización de analíticas que aseguran o correcto control sanitario e a calidade da auga.

Os campamentos de verán de Cáritas atópanse dentro do programa “Cativos” que teñen como finalidade desenvolver a educación en valores a través do tempo libre.

O grupo Scout Chan 292 fundouse en Santiago en 1976 e durante todo o ano realizan diferentes actividades educativas e de aventura na natureza, que culminan no seu campamento de verán no que participan arredor de 80 persoas.