Laboratorios Espina & Delfín
Outro dos puntos fortes das nosas instalacións son os nosos laboratorios, grazas aos que podemos realizar un control permanente de todos os procesos e asegurar a calidade sanitaria das augas subministradas nos nosos puntos de abastecemento, ademais de permitirnos efectuar o seguimento dos vertidos das augas residuais depuradas.
Na sede central de Santiago de Compostela dispoñemos dun laboratorio especializado propio para realizar as determinacións analíticas que aseguren o correcto control sanitario e a calidade da auga subministrada nos puntos de abastecementos, así como os parámetros de vertido das augas residuais depuradas.
O laboratorio está certificado pola AENOR seguindo o estándar de calidade UNE-EN ISO 9001 (número de rexistro ER-0490/1/98). E obtivo a acreditación que recoñece a súa competencia técnica para realizar probas de augas residuais de acordo coa Norma UNE-EN ISO / IEC 17025: 2005. Esta acreditación foi outorgada pola Entidad Nacional de Acreditación (ENAC) (ENAC) e completa as credenciais de ISO 9001: 2008 e ISO 14001: 2004 obtidas en 1998 e 2002, respectivamente.
> Acreditación UNE-EN ISO/IEC 17025
Ademais do anterior e en cumprimento da regulamentación sobre o particular, os nosos laboratorios están acreditados para a realización de análises de control para determinar a POTABILIDADE das augas de consumo público ante a Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidad y Consumo (Madrid) e no Rexistro Galego de Laboratorios Autorizados para a realización de determinados ensaios de control de produtos alimentarios relacionados co consumo humano, da Dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade – Xunta de Galicia) co número de registro 070/GA.
Para dar cumprimento á regulamentación sanitaria vixente nestes momentos e recollida no Real Decreto 140/2003, ESPINA & DELFIN S.L. dispón ademais de 18 laboratorios portátiles, un en cada cabeceira de servizo, cos que é posible realizar “in situ” as determinacións dos parámetros lexislados.