Xubilación Amador Mosquera

Amador Mosquera, director gerente de Espina & Delfín, alcanzou a idade de xubilación e inicia unha nova etapa na empresa.

Amador Mosquera foi a man dereita de Delfín Rodríguez Viñuela, fundador de Espina & Delfín en 1977. En 1997, os seus fillos, Rosa Blanca Rodríguez e Óscar Rodríguez, colleron a administración da empresa e Mosquera xogou un papel fundamental na transición e na crecemento da compañía.

Amador Mosquera consagrou a súa traxectoria profesional en Espina & Delfín. Agora inicia unha nova etapa na empresa, cesou nas súas función como director xerente e pasa a ocupar un lugar no Consello de Administración de Espina & Delfín.

Rosa Blanca Rodríguez e Óscar Rodríguez, conselleiros delegados de Espina & Delfín, fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa pola súa xubilación e un reloxo en agradecemento á súa labor e dedicáronlle unhas palabras: “Sen o seu traballo, entrega e compromiso, o crecemento e a internacionalización desta empresa non houbesen sido posibles”.