O CEIP Frei Luis de Granada visita a ETAP de Sarria

O alumnado do CEIP Frei Luis de Granada visitou a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Sarria, dentro do programa de educación ambiental Me Gusta Mi Río, promovido pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Esta iniciativa busca acercar á sociedade un valor tan esencial como é a auga e os ríos. Tamén pretende fomentar a educación e a sensibilización ambiental da poboación desde a infancia, potenciando o valor ambiental dos ríos da cunca e concienciado sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais, especialmente nos momentos de seca.

Durante a visita á ETAP de Sarria, o estudantado de sexto de primaria do CEIP Frei Luis de Granada puido coñecer a potabilizadora de auga do seu municipio. O grupo de nenos e nas recorreu as infraestruturas de onde provén a auga que sae pola billa e cisterna das súas casas e colexio. O xefe de servizo de Sarria, Javier Fernández, foi o encargado de guiar aos visitantes por todas as instalacións.