O alumnado maior de 50 anos da USC visita a EDAR de Vilagarcía

Os estudantes do IV Ciclo Universitario, un programa de formación específico para alumnado maior de 50 anos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), visitaron a EDAR de Vilagarcía de Arousa.

O Concello de Vilagarcía e a Univesidade de Santiago de Compostela organizaron na cidade arousán tres seminarios dentro do programa IV Ciclo Universitario. “Cambio climático, ou o que podemos perder” foi o tema dun dos seminarios. Estivo impartido por dous poñentes, ambos profesores titulares do departamento de Física Aplicada da Facultade de Físicas da USC: José Antonio Rodríguez Añón e Xurxo Proupín Castiñeiras. O programa pechou coa visita á estación depuradora de augas residuais de Vilagarcía de Arousa, xestionada por Espina & Delfín.

Alí foron recibidos polo noso xefe de servizo, Ismael Pérez, que lles ensinou as instalacións e lles explicou o proceso de depuración da auga para poder devolvela ao medio natural co mínimo impacto ambiental.