O persoal de Espina & Delfín realiza unha nova entrega de tapóns para a campaña “Tu ayuda = mi ilusión”

Dnsde fai doce anos, o persoal de Espina & Delfín colabora coa iniciativa social “Tu ayuda = mi ilusión” que ten como obxectivo axudar a Matías Rey Mourelle. Matías é un mozo compostelá de quince anos que padece parálise cerebral, epilepsia, cardiopatía aórtica e autismo, entre outra doenzas.

A familia Rey Mourelle iniciou fai anos unha campaña de recollida de tapóns para poder costear as operacións e terapias que recibe Matías. Gracias a esas intervencións, conseguiu poñerse en pé e camiñar aos oito anos. Matías recibe nunha clínica de Guadalajara un tratamento de neurorrehabilitación intensiva para mellorar a súa elasticidade e movemento muscular. O persoas de Espina & Delfín recolle tapóns para contribuír ao financiamento desta terapia.

Se queres coñecer máis a súa historia e colaborar podes facelo a través deste enlace: https://www.teaming.net/tuayuda-miilusion-lailusiondematias