12 Xuñ Espina & Delfín colabora un ano máis cos campamentos de verán de Cáritas
Espina & Delfín colabora con Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela para controlar a auga do albergue xuvenil de Arnela, en Porto do Son, onde a entidade organiza as colonias de verán.
A educadora social e técnica do departamento Cativos de Cáritas Santiago, Laura Morales, foi a encargada de entregar a mostra a Cristina Otero, técnica do laboratorio de Espina & Delfín.
Todos os anos, a empresa compostelá realiza unha análise completa e revisa a potabilidade da auga do pozo que se atopa nas instalación do campamento. O laboratorio de Espina & Delfín está especializado na realización de analíticas que aseguran o correcto control sanitario e calidade da auga.
Os campamentos de verán de Cáritas encóntranse dentro do programa “Cativos” que ten como finalidade desenvolver a educación en valores a través do tempo libre.