Deseñamos e construímos a innovadora depuradora industrial de augas para Inleit, impoñéndonos ás maiores multinacionais do sector. Trátase da maior depuradora industrial construída en Galicia con estas características.
Espina & Delfín foi a empresa encargada do deseño e a construción da estación depuradora de augas residuais (EDARI) da planta láctea que Inleit ten en Teixeiro (Curtis, A Coruña), a maior do sector en Galicia. A construción da depuradora custou 5 millóns de euros e levouse a cabo nun período de 14 meses. Espina & Delfín tamén se encargará do seu mantemento e funcionamento durante un período de 10 anos. A depuradora EDARI de Inleit leva a cabo un tratamento biolóxico baseado na tecnoloxía de lodos activados con nitrificación, desnitrificación e decantación secundaria. Os traballos compleméntanse tamén coa estación de bombeo da fábrica ata a depuradora e o seu correspondente accionamento en PE de 315, e a liña de saída desde a depuradora ata o río Mandeo a través do tubo de PVC de Ø 315 cm. A depuradora leva a cabo un tratamento terciario baseado primeiro na filtración por arxila expandida e despois nunha desinfección por raios UVC para garantir unha saída con menos de 500 UFC. Os lodos biolóxicos deshidrátanse por medio dun espesante mecánico (deshidratador previo) e unha centrífuga, e os lodos procedentes do físico químico directamente na centrífuga. Os traballos compleméntanse tamén coa estación de bombeo da fábrica ata a depuradora e o seu correspondente accionamento en PE de 315, e a liña de saída desde a depuradora ata o río Mandeo.