POÑEMOS
A NOSA GOTA
DE AUGA

POÑEMOS A NOSA GOTA DE AUGA

POÑEMOS A NOSA GOTA DE AUGA

Somos unha empresa líder na xestión do ciclo integral da auga e especializada na construción de obras hidráulicas. Algo que queda demostrado coa nosa consolidada presenza en España e tamén cos traballos realizados a nivel internacional.

A nosa sede está en Santiago de Compostela e conta con instalacións de 9500 metros cadrados que albergan os alicerces da nosa estrutura humana e técnica.

Dende aquí traballa o noso departamento de enxeñería e innovación, os nosos talleres de fabricación e reparación de equipos, o noso acreditado laboratorio de análise de auga, o noso almacén loxístico e a nosa maquinaria e parque móbil.

Toda esta infraestrutura dános total autonomía, o que nos permite garantir unha resposta rápida, eficaz e económica ante situacións de emerxencia.

FILOSOFÍA

A NOSA MISIÓN, VISIÓN E VALORES
FANNOS DIFERENTES.

MISIÓN

Deseñar, construír e xestionar infraestruturas hidráulicas. Estas actividades contribuirán á sostibilidade ambiental e á mellora da calidade de vida das persoas.

VISIÓN

Medrar como unha empresa de referencia e destacar por un traballo ben feito. Ser recoñecidos polos nosos clientes, sen deixar de mellorar constantemente os servizos que prestamos en función da innovación.

VALORES

  • A proximidade, nun ambiente dominado polas multinacionais.
  • O desenvolvemento persoal e profesional de todo o equipo.
  • O compromiso co medio.
  • A mellora continua e a implantación de tecnoloxía innovadora.
  • O fomento da credibilidade e a confianza dos nosos clientes.

PRESENZA

En Espina & Delfín apostamos pola nosa proxección internacional desde a nosa fundación. A nosa estratexia de expansión converteunos nunha das poucas empresas españolas que executan construcións hidráulicas a nivel internacional.

Actualmente estamos en Portugal e Colombia e traballamos en Senegal e Haití.

A nivel nacional, máis de 50 concellos do noroeste de España confían en Espina & Delfín para xestionar o ciclo integral da auga. Ademais de Galicia, ampliamos a nosa presenza con obras en Madrid, Asturias, Estremadura e Castela e León.

CIFRAS

anos de experiencia
+ 1
facturación
+ 0 millóns de €
fondos propios
+ 0 millóns de €
empregados/as
+ 0
explotacións
+ 0
parámetros ENAC
+ 0
E.T.A.P.
+ 0
E.D.A.R.
+ 0
EDARI
+ 0