PROGRAMA «DELFINES» 23-24
BOLSAS DE ESTUDO
- Para estudantes de último ano de grao ou primeiro ano de mestrado habilitante.
- Durante o curso académico ou no verán, nas oficinas centrais ou nalgún dos servizos municipais de auga.
- Os/as bolseiros/as contarán coa orientación e o apoio dun/dunha titor/a experimentado/a e recibirán formación tanto en habilidades técnicas como persoais.
CONTRATOS EN PRÁCTICAS
- Para novos/as titulados/as de grao ou mestrado sen experiencia (non máis dun ano de contrato baixo a modalidade de contrato de traballo en prácticas).
- Período de formación de 6 a 12 meses nas oficinas centrais, durante o cal os/as mozos/as cambiarán de departamento dentro da empresa e alternarán diferentes postos. Sempre baixo a supervisión dun/dunha titor/a experimentado/a, que será responsable da súa formación. Recibirán unha formación integral, tanto en habilidades técnicas como persoais.
- Posibilidade de incorporación tras rematar contrato de prácticas, tanto en España como nalgunha das nosas filiais/sucursais no estranxeiro.
PERFIL (EN ÁMBOLOS CASOS)
- Bo expediente académico e nivel alto de inglés (C1). Valoraranse coñecemento doutros idiomas.
- Persoa que desfrute do traballo en equipo.
- Persoa con ambición profesional, sen necesidade de experiencia previa.
- Persoa valente con gana e capacidade para asumir retos.
- Persoa proactiva e con gana de aprender. Persoa con gana de aproveitar a oportunidade e interese por unha carreira na empresa.
- Dispoñibilidade xeográfica.
Os departamentos que participarán no programa son: Estudos, Construción, Enxeñaría (Oficina Técnica, Taller de Caldeiras, Departamento de Montaxe), Servizos de Augas e PRL.