EMPREGO

TRABALLA NA NOSA EMPRESA

O grupo Espina & Delfín está formado por un equipo de 400 persoas cunha longa traxectoria profesional na empresa: a permanencia media supera os 15 anos. O noso obxectivo é fomentar a estabilidade laboral para crear emprego sostible e de calidade.

Aportamos o mellor de nós mesmos en todas as actividades relacionadas co Ciclo Integral da Auga e as Obras Públicas. O noso compromiso vai máis aló do traballo e baséase na formación continua e especializada de cada departamento segundo as necesidades internas, os proxectos emerxentes, a evolución do sector e a propia sociedade.

Coa finalidade de aplicar as bases do III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE ESPINA & DELFÍN, S.L., garántese o acceso igualitario ao emprego na empresa entre as persoas que o soliciten co compromiso de non discriminar por sexo, idade, orixe, aparencia ou discapacidade.

Se estás interesado/a en formar parte do noso equipo, envíanos o teu currículo ou consulta os nosos procesos activos de contratación.