A auga non é infinita. Consúmea con cabeza

O impacto do cambio climático en Galicia xa non é unha ameaza futura, senón unha realidade urxente. Basta con mirar o estado dos ríos, encoros e acuíferos para comprobar como as ondas de calor adiantadas, as secas máis longas do habitual e a irregularidade das precipitacións están a poñer en risco un recurso que sempre demos por garantido. Ante este escenario, poñemos en marcha, un ano máis, a nosa campaña de consumo responsable de auga, baixo o lema “A auga non é infinita. Consúmea con cabeza”.

A iniciativa desenvólvese nos concellos de … onde xestionamos o servizo municipal de auga. En todos eles, co estreita colaboración cos gobernos locais, combinaranse materiais informativos e canles de comunicación dixital para que a mensaxe de aforro chegue á veciñanza coa maior proximidade posible.

A campaña pon o foco en que ningunha acción individual é pequena cando se trata de aforrar e protexer o ciclo integral da auga. Por iso, máis alá da teoría, apóstase por trasladar pautas moi sinxelas e fáciles de aplicar no día a día. No fogar, pecha a billa mentres enxaboas os pratos ou os dentes, escolle a ducha fronte ao baño, e que non se alongue máis do necesario, e usar lavadoras e lavalouzas a carga completa. É importante tamén revisar as instalacións domésticas ou instalar aforradores de caudal para evitar os litros que se perden co goteo.

Encher a piscina, lavar o coche ou regar o xardín son hábitos frecuentes nesta época, pero convén facelos con responsabilidade: evitar as horas de máis calor, aproveitar mellor cada litro e reducir os usos que non sexan necesarios. E se marchamos de vacacións e a vivenda queda baleira, deberíamos pechar a chave de paso para evitar fugas e sobresaltos mentres non hai ninguén para detectalos. Porque coidar a auga tamén depende desas pequenas decisións que, sumadas, axudan a protexer un recurso cada vez máis valioso e vulnerable.