Factura sen papel e sostible

En Espina & Delfín temos un compromiso co medio ambiente e esforzámonos día a día para traballar dunha maneira máis sostible e respectuosa con oso entorno.

Por iso, levamos a cabo diferentes accións a favor do medio ambiente. Unha das campañas que temos activas é para promover a facturación sen papel e así concienciar aos nosos usuarios da importancia de pasarse ao recibo electrónico.

A factura sen papel supón grandes beneficios medio ambientais. Non se tallan árbores, redúcese o consumo de auga e de produtos químicos que se empregan no proceso de fabricación do papel e diminúense as emisión de dióxido de carbono.

O paso á facturación dixital pode tramitarse dunha maneira sinxela accedendo á páxina web clientes.espinaydelfin.com e aportando aí unha serie de datos que figuran no último recibo en papel emitido. Unha vez que o usuario se dá de alta no sistema recibe unha clave e deixa de gastar papel. Podo entón empezar a consultar a través de Internet os seus consumos históricos e facturas, así como formular reclamacións ou suxestións e facer preguntas, todo sen necesidade de presentarse en ningunha oficina de atención.