Espina & Delfín organizou unha campaña de recollida de xoguetes entre os seus traballadores para doar á Sociedade San Vicente de Paúl en Santiago de Compostela. O obxectivo desta acción social é que ningún neno se quede sen agasallo este Nadal.
A empresa entregou un lote de xoguetes novos e seminovos aportados polos seus traballadores. Os voluntarios da Sociedade San Vicente de Paúl vanllos entregar aos nenos e nenas das familias compostelás máis necesitadas.
Esta acción enmárcase dentro da política de responsabilidade social corporativa da firma ao mostrar o seu compromiso de solidariedade e apoio aos máis necesitados.
A Sociedade San Vicente de Paúl ten a súa sede en Conxo e está aberta todos os mércores pola tarde (de 16:00 a 19:00 horas) para recoller xoguetes, alimentos e produtos de hixiene para todas as persoas que atenden.