Espina & Delfín responde ao descenso da reserva hídrica e apela ao consumo responsable da auga potable

A empresa compostelá inicia nas súas redes sociais unha campaña de concienciación con consellos para aforrar

 

Espina & Delfín apela ao consumo responsable e eficiente de auga potable durante a época estival tras un descenso do 2 % semanal das reservas hídricas en Galicia. A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas durante o mes de xullo son dous dos principais factores desta baixada.

 

A capacidade dos embalses da comunidade aínda presenta bos porcentaxes, pero o descenso é continuo. Na Confederación Hidrográfica Miño-Sil a reserva hídrica atópase nun 73,2 % da súa capacidade total e en Galicia-Costa nun 67,4 %.

 

Nas últimas semanas rexistrouse un aumento xeneralizado no consumo de auga potable. Esta subida débese ao crecemento da poboación nos municipios galegos, propia do mes de agosto. Este incremento no abastecementos reflexa a diminución da auga embalsada.

 

Os embalses da Confederación Hidrógráfica Miño-Sil teñen unha capacidade total de 3.030 hectómetros cúbicos, actualmente alberga 2.219 hm³. A semana pasada a porcentaxe da auga embalsada diminuío un 1,9 % respecto á semana anterior. Pola súa parte, a Confederación Hidrográfica Galicia-Costa ten actualmente unha reserva hídrica de 461 hm³ e a súa capacidade total é de 684 hm³. Con respecto á semana pasada, a reserva hídrica en Galicia-Costa diminuíu un 3,5 %.

 

A situación está dentro dos parámetros normais e, para que non haxa escaseza, Espina & Delfín aconsella ser responsable no consumo de auga potable. Algunhas das recomendacións que ofrece a compañía compostelá son reducir o uso de auga para o rego, lavado de coches ou para as piscinas.

 

Ademais, Espina & Delfín inicia este venres unha campaña de concienciación nas súas redes sociais con consellos para aforra ao mesmo tempo que se coida do medioambiente.