03 Mar Espina & Delfín renova o contrato co Concello de Santiago para o mantemento das instalacións municipais
A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago prorroga a Espina & Delfín o contrato para a prestación do servizo de conservación, reparación e pequenas reformas dos edificios municipais.
A empresa compostelá presentouse ao concurso público no que participaron outras seis compañías en 2020. Espina & Delfín ofertou unha baixa do 22,80 % sobre os custos iniciais e resultou adxudicataria deste contrato para os anos 2020 e 2021, con esta posible prorroga ata 2023.
Este novo prazo de dous anos empeza a contar hoxe e dispoñerá dun orzamento para o servizo de mantemento das instalacións municipais de 1.261.600 euros.