En coherencia coas medidas tomadas polas distintas Administracións para combater a expansión da enfermidade provocada polo VCOVID-19 e en coordinación coas autoridades municipais, a empresa Espina & delfín pecha temporalmente ao público as súas oficinas dos servizos de augas.
Reforza tamén dende agora os seus servizos de atención á cidadanía polas vías telefónica e telemática. Unicamente prestará atención presencial en circunstancias excepcionais. Estas medidas evolucionarán en función da situación.
Os usuarios poden contactar cos servizos de aguas chamando ao 900 815 015 ou ben a través dos teléfonos e corres electrónicos correspondentes en cada concello, que poden ser consultados no apartado “Servizos Municipais de Auga” da web.