13 Mar Espina & Delfín pecha ao público as súas 45 oficinas de servizo de augas e reforza a atención non presencial polo coronavirus
Xa dende hoxe, Espina & Delfín pecha ao público as súas 45 oficinas dos servizos municipais de augas e reforza a atención polas vías telefónica e telemática. Unicamente prestará atención presencial en circunstancias excepcionais. A empresa adopta esta decisión en coherencia coas medida tomadas polas distintas Administracións para combater a expansión da enfermidade provocada polo covid-19 e en coordinación coas autoridades municipais.
Estas medidas evolucionarán en función da situación.
Os usuarios poden contactar cos servizos de augas chamando ao 900 815 015 ou ben a través dos teléfonos e correos electrónicos correspondentes en cada concello, que poden atopar no seguinte enlace:
Espina & Delfín é o principal grupo galego que se ocupa do ciclo integral da auga, sector no que deseña, constrúe e xestiona infraestruturas e servizo de abastecemento e saneamento. Medio centenar de concellos de Galicia, nos que residen normalmente 550.000 persoas, confían na empresa, que tamén executa obra civil e opera en Portugal, Angola e Colombia. Colabora en decenas de proxectos de responsabilidade social corporativa e inverte en diversas iniciativas de I+D+i.