06 Out Espina & Delfín homenaxea ao seu director Comercial e de Enxeñería pola súa xubilación
Espina & Delfín homenaxea a Gaspar García-Toriello, director Comercial, de Enxeñería e de I+D+i dende 1990 ata esta semana, que alcanzou a súa idade de xubilación.
Gaspar García desempeñou unha importante labor na empresa compostelá e os seus trinta anos na compañía convertérono nun profesional clave no organigrama.
Os administradores solidarios de Espina & Delfín, Rosa Blanca e Óscar Rodríguez, fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa e un reloxo en agradecemento á súa labor.
Espina & Delfín é o principal grupo galego que se ocupa do ciclo integral da auga, sector no que deseña, constrúe e xestiona infraestruturas e servizos de abastecemento e saneamento. Máis de cincuenta concellos de Galicia, nos que residen habitualmente 550.000 persoas, confían en Espina & Delfín. A empresa tamén opera en Portugal, Angola e Colombia.