Espina & Delfín garantiza o abastecemento de auga e aumenta as medidas de protección aos seus empregados

Espina & Delfín garantiza os servizos de abastecemento, saneamento e depuración de auga durante esta crisis do covid-19. A empresa aumentou as medidas de protección á súa plantilla para afrontar a crise do coronavirus e manter as condicións adecuadas nos servizos de auga.

Co obxectivo de protexer a saúde de todas as persoas que traballan na compañía e garantizar o servizo implementáronse as seguintes medidas.

  • O teletraballo instarouse en todos os postos nos que foi posible.
  • O persoal vulnerable encóntrase no seu domicilio.
  • Os operarios dos servizos municipais teñen horarios adaptados para que os diferentes turnos non entren en contacto e se mateñan os servizos en óptimo funcionamento.
  • Os vehículos utilizaranse de forman individualizada. Os casos nos que un vehículo debe cambiar de conductor no cambio de turno procederase da seguinte forma. O conductor desinfectará o vehículo concienzudamente, en cada un habrá un xel hidroalcolólico, a limpeza farase con papel desechable e desinfectante proporcionado por Espina & Delfín.
  • O persoal alleo ás instalación que deba entregar material, suministro de reactivos, documentación, retirada de residuos, etc., reducirá ao mínimo indispensable a súa estancia e o persoal propio gardará a distancia mínima de seguridade de dous metros.
  • Evitarase ao máximo compartir equipos e obxectos común. Se fora inevitable procederase á desinfección do matiral común co material de limpeza recomendado.
  • En cada operación de traballo prestarase especiala tención ao lavado de mans con agua e xabón ou solución alcohólica ou xel hidroalcohólico.
  • Nas obras é recomendable que o persoal acuda en vehículos individualmente. Manter unha distacia entre os traballadores de dous metros. Os vehículos autopropulsados de obra utilizaranse por un só operario de forma prioritaria.
  • Prestarase especial atención e aumentarase a frecuencia de limpeza de zonas comúns, aseos, vestiarios, oficinas, etc. Tamén dos pomos das portas e zonas de contacto.