Espina & Delfín explica o modelo de economía circular na xestión integral do ciclo da auga

Espina & Delfín, empresa especializada en obra hidráulica e na xestión do ciclo integral da auga, participou nas III Xornadas Ambientais e de Turismo Sostible no Camiño Portugués organizadas polo Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles en Caldas de Reis.

Priscila Artiga, técnica de depuración de augas residuais de Espina & Delfín, foi a encargada de expoñer o modelo de economía circular na xestión integral do ciclo da auga. Explicou as iniciativas que se están levando a cabo na empresa para revalorizar as augas residuais e convertelas nunha fonte de recursos. Isto permítenos evolucionar cara unha xestión máis sostible. A economía circular está orientada á busca dunha maior competitividade, innovación e unha maior protección ao medio ambiente e o desenvolvemento social.

Esta xornada tivo como obxectivo avanzar na loita contra o cambio climático e na saúde ambiental do planeta, fomentar o modelo de economía circular e impulsar o turismo sostible no camiño portugués.